Friday 10 de May de 2024

O Partido Popular lanzará unha serie de iniciativas co fin de mellorar as condicións laborais da Policía Local


INCREMENTAR AS RETRIBUCIÓNS E EQUIPARALAS ENTRE Os AXENTES DA ÁREA METROPOLITANA FIXARÍA Os PERSOAIS

A sede dos Populares de Oleiros viviu onte pola tarde unha sesión monográfica dedicada a analizar e valorar a preocupante situación que reflicte a realidade dos distintos corpos da Policía Local en cada un dos concellos da contorna.

Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias e Interior, e ex-delegado do Goberno en Galicia, ten unha ampla experiencia e coñecementos na materia e foi o encargado de dar traslado aos asistentes da información sobre as competencias da Xunta de Galicia, sobre seguridade cidadá, no relativo a Emerxencias e á Academia Galega de Seguridade Pública. Así mesmo, informou dos trámites que facultan aos concellos para a convocatoria de prazas de Policía Local, tanto en canto ao marco legal que regula o acceso, estrutura e organización dos corpos de seguridade municipais, como á situación dos seus persoais, prazas vacantes ou as posibilidades de promoción e mobilidade xeográfica entre concellos.

Tras unha primeira parte da sesión centrada en aspectos básicos e normativos, chegou o momento do debate e da exposición da casuística particular de cada un dos concellos, o cal enriqueceu aínda máis a xornada e permitiu concretar infinidade de detalles desde a óptica municipal que achegan os concelleiros.

“Tras a intervención de Santiago Villanueva na tarde de hoxe, desde o Partido Popular de Oleiros temos as cousas máis claras que nunca e imos insistir na necesidade urxente da cobertura progresiva das 16 prazas vacantes na nosa Policía Local que están dotadas presupuestariamente”, declarou Loli Silva, portavoz municipal do PP.
“Temos que conseguir alcanzar a equiparación salarial cos corpos de Policía Local dos concellos da contorna, así como un incremento do complemento específico e do nivel profesional dos axentes e oficiais. É necesario lograr unha mellora na retribución das horas extraordinarias, e que estas se manteñan dentro dos límites legais establecidos, así como implementar as melloras necesarias nas instalacións, dotación de material e equipamento. Con isto estamos convencidos que non só cesará a “fuga“ de policías a outros concellos, senón que a Policía Local poderá garantir aos veciños os índices de seguridade cidadá que Oleiros merece”, concluíu a portavoz Loli Silva.